Velaí ven o Entroido. E -como non- nas Eiroás chega unha nova edición da Festa da Pita, que xa suma 21 edicións. Este ano, a primeira lúa da primavera fai que vaiamos gozar dun Entroido un chisco máis serodio do habitual e -ben seguro- con moita máis gana de festa. Arrinca a festa o domingo 17, contando coas benzóns e as licencias oportunas das autoridades do barrio e sabendo que este ano o Meco contará coas veciñas e veciños do barrio como asesores de imaxe. Pero iso será o domingo, pouco antes do xantar, cando deamos saída á celebración do Entroido en todo o término municipal do concello de Ourense. Para alén da participación no desfile da cidade ou doutras actividades promocionais e divulgativas, o programa deste ano nas Eiroás segue a tónica das edicións anteriores, consistindo no seguinte:
17/02 DOMINGO FARELEIRO
Pola mañá
Recepción do Meco polas autoridades do barrio
Desde as 5 da tarde
Farelo na praza, con música de Charanga SORCHA
24/02 DOMINGO OLEIRO
Ás 5 da tarde, máis ou menos
Chegada das Olas á praza.
Xogo das Olas con música de Charanga ALAMBIQUE
02/03 SÁBADO de ENTROIDO
Entre lusco e fusco.
Folión do Entroido
05/03 MARTES de ENTROIDO
Pola mañá
Pasa-rúas con máscaras e músicos
Apertura do Mercadiño de dona Gumersinda
13 h.
Voda da Pita
Xantar dos noivos (Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro) coa Charanga O EQUIPO B
Pola tarde
Baile de disfraces con Orquestra CAFÉ OLÉ
Concursos e pasarelas de disfraces
Apartir das 9 da noite
Queima do Meco, coa Pirotecnia JOSMAN
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,carnaval,eiroás,entroido,festa da pita,festadapita,ourense,pita,voda da pita,vodadapita |
Deixar unha resposta