Martes de Entroido 2019

A choiva deu unha tregua na mañá do martes para podermos celebrar a 20ª edición da Voda da Pita no seu espazo natural, co pazo das Eiroás como fondo de escenario. A xornada comezaba coa ruada de Pitas e músicos polo barrio, anunciando a chegada do día grande. Á 1 en punto do mediodía daba comezo a representación teatral popular que, en ton satírico, rememora como foron as orixes da nosa festa, amais de lembrar, con moito agarimo e respecto ás 2 persoas que protagonizaran aquela cinzarrada na metade do século pasado. Desde que comezamos coa celebración actual da Festa da Pita, o Antonio e a Gumersinda levan casando 20 anos, dun xeito desenfadado e con moitos símbolos no argumento que procuran unha reconciliación co pasado, fechando as feridas existentes na procura dun futuro mellor para a comunidade.

Ademáis, o guión fai un repaso pola actualidade social e política do último ano. Así, entre moitas outras referencias, vimos (ou escoitamos, mellor dito) a un Villarejo que interrumpía constantemente a voda para ofrecer gravacións escandalosas de case todos os participantes; ao propio Sito Miñanco, que quería facer negocio co Domingo Fareleiro ou ao mesmo Francisco Franco que se achegaba até As Eiroás para dicirnos que tiña a intención de voltar a gobernar, enmascarando as súas intencións con palabras máis modernas e amables. Mesmo o pazo das Eiroás, un pouco abandonado desde que pasou a ser propiedade da Xunta de Galicia, deu en disfrazarse un chisco, colocándose unha (M) por diante para ser o pazo de “Meiroás” e recibir así ao ex-dictador. A voda remataba cos mesmos versos de todas as edicións, recitados pola persoa máis nova do elenco: “Trinta anos agardando / a que alguén collera a cesta; / non permitades, veciñas, que volte a morrer a festa.”.

Xa de tarde, a choiva non deu máis tregua. Cumpría moito que chovera, pero tamén podía agardar un día máis para apagar as brasas do Meco (ou da sardiña).

Aínda que o mal tempo minguou moito a participación con respecto doutros anos, puidemos ver disfraces moi curiosos e con moita gana de festa. Na pasarela e concurso de disfraces, chamou a atención a presenza do primeiro can disfrazado que se achega até a nosa festa, o que nos fai pensar na posibilidade de abrir un apartado adicado ás mascotas.

Pouco a pouco, foi chegando a noite, momento no que convidamos ao sr. Meco a baixar da farola na que se instalara 3 domingos atrás e pasara a ocupar o lugar que lle correspondía nesta data, onde o Benito, da Pirotecnia Josman, lle axudou a despedir o Entroido como é mandado. O Meco ardeu ben, por certo, o que nos fai pensar que o próximo Entroido, que dará comezo nas Eiroás o 9 de febreiro de 2020 co Domingo Fareleiro, será aínda mellor.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: