Chega o Entroido á cidade de Ourense. E faino, un ano máis, no barrio das Eiroás coa celebración do Domingo Fareleiro, que abre unha nova edición da Festa da Pita (que xa suma 22 edicións). Mañá día 9, dará comezo comezo a festa, contando coas benzóns e as licencias oportunas das autoridades do barrio e sabendo que este ano o Meco contará coas veciñas e veciños do barrio como asesores de imaxe. Será pouco antes do xantar, cando deamos saída á celebración do Entroido en todo o término municipal do concello de Ourense. Para alén da participación no desfile da cidade, o día 23, no desfile do CEIP Virxe de Covadonga, o día 21 ou doutras actividades promocionais e divulgativas, o programa deste ano nas Eiroás segue a tónica das edicións anteriores, consistindo no seguinte:
09/02 DOMINGO FARELEIRO
Pola mañá
Recepción do Meco polas autoridades do barrio
Desde as 5 da tarde
Farelo na praza, con música de Charanga SORCHA
16/02 DOMINGO OLEIRO
Ás 5 da tarde, máis ou menos
Chegada das Olas á praza.
Xogo das Olas con música de Charanga ALAMBIQUE
22/02 SÁBADO de ENTROIDO
Entre lusco e fusco.
Folión do Entroido
25/02 MARTES de ENTROIDO
Pola mañá
Pasa-rúas con máscaras e músicos
13 h.
Voda da Pita
Xantar dos noivos (Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro) coa Charanga O EQUIPO B
Pola tarde
Baile de disfraces con Orquestra RÍO MIÑO
Concursos e pasarelas de disfraces
Apartir das 9 da noite
Queima do Meco, coa Pirotecnia JOSMAN
O cartel da Festa da Pita 2020, obra de José Manuel Sánchez, xa o coñecedes pola entrada anterior ou polo apartado de recursos deste web. Velaquí o cartel do Entroido de Ourense 2020
Filed under: Uncategorized | Tagged: 2020,antroido,carnaval,eiroas,entroido,festa da pita,festadapita,ourense |
Deixar unha resposta