Farelou nas Eiroás

A chegada dun frente cálido polo sul trouxo consigo un lixeiro ascenso das temperaturas, o que provocou unha xornada vespertina ben agradable nas Eiroás. Aínda por determinar se o que caiu no barrio ourensán era farelo ou partículas de area en suspensión procedentes do norte de África, o caso é que así decorreu o  Domingo Fareleiro nas Eiroás. A xornada comezaba xa de mañá coa chegada do Meco e a habitual recepción por parte das autoridades do barrio. Acompañaban ao encargado de presidir a praza os seus asesores de imaxe e un nutrido grupo de veciñas e veciños que non quixeron perderse evento de tanto glamour. Foi un espectáculo ver con que gracianatural trepaba pola farola para encaramarse ao máis alto da praza e ocupar o lugar de honra que ben merece tan alta distinción.

Xa de tarde, o sr. Meco puido observar como as máis pequenas e os máis pequenos tomaban o control da festa e marcaban o incio da vixésimo segunda edición da Festa da Pita. Velaquí algunhas imaxes da xornada:

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: