Domingo Oleiro 2020

Moi boa tarde de olas, música e xogos nas Eiroás, que a choiva respectou até o fin da xornada. Eran ao redor das 5 da tarde cando as Pitas e os músicos facían a entrada na praza das Eiroás levando o carro coas olas pintadas o día anterior polas nenas e polos nenos das Eiroás amais dun obradoiro realizado no CEIP Virxe de Covadonga algúns días antes.

A Pita lucía unha nova fita vermella, chamando a atención sobre a necesidade de crer en proxectos comúns fundamentados no diálogo e non na confrontación.

Mentres as olas voaban pola praza, na procura dunha man amiga que as apañara antes de escacharen no chan, as mozas e mozos máis xoves xogaban con globos e mesmo probaban algunha ola, por ir afacéndose ao tacto. Xa con todas as olas escachadas, os anacos de barro cocido tiveron un novo uso, creando espazos de xogo sobre o chan da praza. Velaquí algunhas imaxes da xornada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: