Domingo Fareleiro 2021

O 31 de xaneiro de 1999 botaba a andar a Festa da Pita. Sobre a base do Entroido, disque froito dunha cinzarrada, que se celebrara no barrio medio século atrás, decidimos comezar con unha proposta adaptada aos tempos, na procura de conformar un novo elemento identitario para o barrio, amais de ampliar a oferta cultural e lúdica. Casualidades da vida, 22 anos despois, atopámonos con este reto de non deixar de celebrar unha festa -que en si mesma é unha explosión dos sentidos- sen sentirnos perto. E facémolo no ano no que o programa marca as mesmas datas que aquela primeira edición.

Así as cousas, o que debera ser o primeiro día da festa deixounos algunhas sorpresas improvisadas. Saúdos desde a cociña e o exterior das casas ou o escenario dunha verdadeira “guerra fareleira” protagonizada por bonecos, foron algunhas das achegas que nos enviaron as veciñas e os veciños das Eiroás.

Lembrade que podedes ir visualizando as participacións na nosa canle do youtube, cada día do programa da festa, ou através do cancelo #FestaDaPita2021 nas redes sociais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: