Praza virtual das Eiroás

O Martes sempre é o día grande nas Eiroás. E este ano, non só tivo lugar a voda, senón que tamén tiveron lugar outras intervencións e tamén recollemos outras iniciativas ao redor da festa que nos fixestes chegar. Xa pola mañá, unha Pita visitaba o CHUO para agradecer ás traballadoras e aos traballadores da Sanidade pública a súa adicación durante esta pandemia, amais de lembrarlles que estabamos no Entroido. Despois tiña lugar a voda en formato de multichamada e xa de tarde enteirámonos que as veciñas e os veciños da Rúa Lopez Ferreiro, moi activos nesta festa, ían queimar a sardiña e despedir o Entroido.

Se ao longo destes 17 días, houbo algún momento no que estabades máis pendentes do Entroido que da COVID ou de Catalunya, dámonos por satisfeitos. Velaquí as imaxes que pendurastes nas vosas redes (deste ou doutros anos) e unha montaxe con algumhas das imaxes e videos que compartistes con nós. Grazas por axudarnos a construir esta praza virtual das Eiroás.

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: