Domingo Oleiro 2022

Mañá domingo 20 ás 5 da tarde (máis ou menos) chegarán á praza das Eiroás as olas que van protagonizar a xornada festiva da Festa da Pita. E farano, un ano máis, da man da Pita, que se deixará ver por vez primeira neste Entroido despois de 2 anos sen poder saír con normalidade.

As Pitas que saian maña levarán no broche a fita que vai representar ao presente ano, o 2022. Esta será de cor PRATEADA, atendendo á cor empregada internacionalmente para chamar a atención sobre a saúde mental. Despois de 2 anos de pandemia, víronse incrementadas as consultas médicas relacionadas coa saúde mental. Tamén se incrementou dun xeito máis que notable o índice de suicidios, perdendo a vida 307 persoas en Galicia e 3.671 no conxunto do Estado. Galicia ten umha taxa de suicidios de 13,11 por cada 100.000 habitantes, case o dobre da media estatal (7,79). Ademais este ano tamén foi testigo de como diversas celebridades, principalmente da cultura e do deporte sumáronse á visibilización deste problema oculto cara o que semella que non queremos mirar. E contodo, aínda non contamos con umha estratexia de prevención do suicidio. Esta é a reivindicación da Pita no ano 2022 e aquí podes lembrar a fita que representa cada ano na nosa máscara.

Na xornada de hoxe, e como viña sendo habitual nos anos anteriores, as persoas máis novas do barrio pintaron unha parte das olas que van escachar mañá na praza, sumándose ás decoradas polo alumnado e profesorado da Escola Oficial de Idiomas de Ourense, nova escola amiga da Pita. Por outra parte, tiña lugar o primeiro ensaio para a Voda da Pita (xa era hora), que terá lugar o vindeiro Martes de Entroido á 1 do mediodía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: