Programa da festa 2023

Agora si, xa sen máscaras nin limitacións de aforo, chega o Entroido a Ourense. E un ano máis, o barrio das Eiroás inaugura o Entroido e unha nova edición da Festa da Pita coa celebración do Domingo Fareleiro.

Así, o vindeiro domingo día 5 dará comezo comezo a festa. A 25ª edición da Festa da Pita conta coas benzóns e as licencias oportunas das autoridades do barrio, que agardan pola chegada do Meco pouco antes do xantar do domingo, para dar saída á celebración do Entroido en todo o termo municipal. Alén da participación nos desfiles da cidade (o día 19) e do CEIP Virxe de Covadonga (o día 17) e doutras actividades promocionais e divulgativas, o programa deste ano nas Eiroás é o seguinte:

05/02  DOMINGO FARELEIRO
Pola mañá: Recepción do Meco polas autoridades do barrio
Desde as 5 da tarde: Farelo na praza, con animación musical da Charanga SORCHA.

12/02  DOMINGO OLEIRO
Ás 5 da tarde, máis ou menos: Chegada das Olas á praza.
Xogo das Olas coa música da Charanga ALAMBIQUE.

21/03  MARTES de ENTROIDO
Pola mañá:
Pasa-rúas con máscaras e músicos

13 h.:
Voda da Pita
Xantar dos noivos (Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro) con animación musical da Charanga NOROESTE.

Pola tarde:
Baile de máscadas coa Orquestra GRAN PARADA
Pasarela de disfraces

Apartir das 9 da noite:
Queima do Meco.

O cartel da Festa da Pita 2023, obra de Cosme, xa o coñecedes pola entrada anterior ou polo apartado de recursos deste web. Velaquí o cartel do Entroido de Ourense, Seixalbo e A Ponte 2023

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: