Axúdasnos?

Neste ano 2018, observamos como a “capital do Entroido” retiraba –de facto– unha parte das axudas aos Entroidos “de barrio”. E facíao sen avisar, meténdolle máis presión da habitual ás comisións de festas e colectivos sociais que organizan e dinamizan o Entroido nos diversos puntos da capital sen outra prestación que a satisfacción de ver gozar da festa a veciñas e veciños.

Vemos, con procupación, como a “capital do Entroido” retrotrae a inversión nun dos principais usos sociais, rituais e festivos do territorio e a colaboración cos distintos axentes sociais a niveis de 10 ou 15 anos atrás, e todo isto despois de ter que sufrir os recortes dos últimos anos. A redución drástica destas axudas vai afectar directa e gravemente á organización en cada barrio, sen ter claro como afectará isto nos vindeiros anos. Ademais, a excesiva burocratización e os trámites farragosos postos enriba da mesa pola propia Administración, está provocando a destrucción do capital social no concello de Ourense, un capital básico e necesario en toda sociedade desenvolvida e democrática.

Entendemos que o principal labor das persoas que administran o concello (políticos e técnicos) debera ser facilitar a vida dos veciños, non complicarlla. E tristemente, isto é o que está ocorrendo con maior asiduidade nos últimos anos. Os nosos administradores/representantes/asalariados teñen que entender que cobran os seus salarios para que os seus administrados poidan vivir mellor e, no caso de non ser así, talvez non estean desenvolvendo ben o seu labor.

Sexa como for, o caso é que neste 2018 precisamos de ti máis que nunca. Se podes, agradecerémosche inmenso que nos botes unha man para a organización deste 20º aniversario. Se non podes, agradecémosche igualmente que comprendas a difícil situación que afrontamos.

O noso número de conta para donativos é:

ASOCIACIÓN CULTURAL DAS/OS AMIGAS/OS DA PITA

ES29 2080 5265 10 3043419657 (Abanca)

 

Advertisements
%d bloggers like this: