Cartaz do 20º aniversario

Xa pasaron 15 anos desde que a imaxe da nosa festa é produto da creación dun artista ourensán, medrando a colección das visións gráficas coas que pintores, deseñadores, ilustradores… nos agasallan cada ano. Este 2018 é un ano especial, pois a Festa da Pita chega á súa 20º aniversario. Foi por isto que demos un pequeno salto, procurando -apartir da presente edición- a implicación de artistas do panorama galego. Así, contamos nesta edición coa colaboración de María Piensos, pintora pop e colorista coruñesa, especialista en Action-Painting e Performance con un amplo currículo e unha extensa obra, que nos achega unha particular visión de máscara.

Podedes ver aquí todos os carteis das edicións anteriores.
Moitas grazas, María, pola túa desinteresada colaboración.

Advertisements

A troba do bugallo

Hai 3 anos, a Voda da Pita fechaba con umha canción que aínda segue na memoria de moitas persoas que cantaron e bailaron aquel son tan pegadizo. Era o “Nabo, nabiza, grelo”, que neste 2017 forma parte do primeiro disco editado polos amigos da Troba do Bugallo. Coa súa colaboración, queremos compartir con vós este seu primeiro traballo discográfico. Só tedes que respostar a umha pregunta:

Como se chama a vaca que non quere ser Chenoa? Seguir lendo

Martes de Entroido

martes2017_115Alá foi outra edición da festa. Xa son 19 anos botando foguetes e tentando crear/recuperar unha identidade cultural, festiva e lúdica para o noso barrio. Malia as condicións meteorolóxicas non axudaron nada, podemos facer unha valoración positiva sobre a participación no global da festa.
No que atinxe ao día grande, a choiva e o vento, presentes durante toda a mañá nas Eiroás, axudáronnos a decidir a mesma ubicación do ano anterior para a cerimonia do Martes. Desta non cumpriu verniz hidrófugo, malia unha das tres partes da nosa Trindade chegouse a sentir tocado polo tempo en varias ocasións. Seguir lendo

Así foi o Domingo Oleiro

oleiro2017_26Xa ten chovido algo desde aquela primeira edición na que un pequeno grupo de veciñas e veciños do barrio, acompañados polos amigos da xa tristemente desaparecida Agrupación Folclórica Foula, xogaban até escachar as 6 olas de barro e algunha que outra cunca do mesmo material.
Onte, 18 anos despois daquel 7 de febreiro do 1999, eran 60 as olas chegadas do Alto do Couso que protagonizaron unha xornada soleada e moi agradábel na praza das Eiroás.

Acompañáronnos algúns mozos e mozas das novas Escolas amigas da Pita e a Charanga Os Chispas, que amenizou musicalmente a tarde. Gozamos pois dun bon ambiente, dun clima desenfadado e das primeiras mascaradas que se puideron ver polo barrio.
Seguir lendo

Domingo Oleiro

olas-2017

Hoxe domingo poderemos ver as primeiras Pitas nas Eiroás. Estas máscaras máis madrugadoras serán as encargadas de achegar o carro das olas á praza, onde terá lugar o xogo que centra a actividade da xornada de hoxe no barrio. Este ano contaremos con olas decoradas por escolares das novas Escolas amigas da Pita: CEIP Manuel Luis Acuña e CEIP O Couto, ademáis das mozas e mozos das Eiroás. Nos vindeiros días, iremos subindo ao apartado das escolas amigas un resumo de imaxes das visitas a estes centros.

Será apartir das 5 da tarde cando o carro das olas entre na praza, acompañado das Pitas e da Charanga Os Chispas, que amenizará o xogo de pequenos e maiores ao longo da tarde.

COR DA FITA

A cor escollida neste 2017 para pendurar do broche das fitas é o MARRÓN, co que queremos chamar a atención sobre a importancia das migracións humanas e do diálogo intercultural para a evolución e a mellora da especie. Marrón porque nos acerca aos ciclos vitais, á terra, á natureza… lémbranos cuais son as nosas raíces, as nosas orixes e fainos recapacitar cobre as pouquísimas cousas que en realidade son imprescindibles e necesarias. Seguir lendo

Farelo frío

2017-02-12-domingo-fareleiro_55A xornada de onte veu disfrazada de frío e choiva, circunstancia esta que non impediu que arrincaramos con unha nova edición do Entroido nas Eiroás. Cómpre moito que chova e, aínda que nos cause algún atranco, imos dalo por ben feito. Seguir lendo

Programa 2017

imgp4110

Arrincamos. Vindeiro domingo día 12 bota a andar unha nova edición da Festa da Pita (a 19ª). Xa as autoridades do barrio deron as benzóns e as licencias oportunas e contan que este ano o Meco chegará da man do asesoramento da familia Perez-González. Pero iso será o domingo, pouco antes do xantar, cando deamos saída á celebración do Entroido en todo o término municipal do concello de Ourense. Para alén da participación no desfile da cidade de Ourense, ou das actividades programadas en diversos centros de ensino, o programa deste ano nas Eiroás segue a tónica das edicións anteriores, consistindo no seguinte:

Seguir lendo