No ano 2018, o CEIP de Prácticas ingresaba na lista de escolas amigas da Pita. Visitamos o centro para realizar unha presentación do Entroido e da nosa festa, ao tempo que lles pediamos colaboración para decorar as olas que escacharon o Domingo Oleiro na praza das Eiroás. Ao recoller o traballo fermoso que realizaron, aínda demos un par de voltas ao patio do centro.
Velaquí algunhas fotos da xornada, cortesía do propio centro: