A primeira escola que acadou esta nominación –e como non podía ser doutro xeito- foi a escola do barrio: o CEIP de Covadonga (Unidades d’As Eiroás e Covadonga). Foi no ano 2014 e alí realizamos a presentación de festa e da máscara da Pita, ademáis de recoller as olas decoradas polos escolares e comprobar como todo o centro se disfrazou con unha fermosa adaptación da nosa máscara.
Aquí tedes máis información da recollida das olas daquel ano e da celebración da festa do Entroido no centro