Desde o ano 2014, leamos a cabo unha actividade de colaboración cos centros de ensino da nosa cidade. Consiste en visitar ao centro presentando a nosa festa e a nosa máscara e convidar aos escolares a que decoren unha parte das olas que se van xogar na xornada do Domingo Oleiro na praza das Eiroás. A estes centros outorgámoslles o recoñecemento de escolas amigas da Pita, porque ademáis de coñeceren mellor a nosa festa, participan ou participaron activamente na organización da mesma.
Dous anos máis tarde, e coa colaboración do Concello de Ourense, ábrese a opción de visitar máis escolas e colexios. E neste punto estamos na actualidade.
Estas actividades non teñen relación con outras colaboracións que levamos a cabo tamén con centros de ensino, aos que visitamos ou facilitamos alguna máscara, sempre en menor número do que gostariamos atender, pois a nosa condición de pequena asociación cultural non nos permite gozar da disponibilidade temporal e de recursos que fora desexábel para atender ás numerosas solicitudes que chegan cada ano. Grazas pola vosa paciencia.