Fotos 2022

O 2022 foi o ano da volta á praza. Despois de termos que darlle aos miolos para non deixar de celebrar o Entroido desde a casa na edición anterior, voltamos ás rúas, con certas precaucións pero con gana de reencontrarnos e de vivir o Entroido en comunidade. Arrincabamos co Domingo Fareleiro un pouco pasado por auga

Antes do Domingo Oleiro, visitamos á escola amiga deste ano: a Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Tamén houbo tempo para decorar as olas no barrio. As mesmas olas que as Pitas baixaban á praza das Eiroás para escachar no xogo protagonista desta xornada do Entroido

O Domingo de Entroido, un ano máis, as Pitas encabezaron o desfile da cidade de Ourense, despois de participar no pregón do Entroido o venres e despois dunha semana con diversas visitas escolares

E no día grande houbo voda. A Pita casou, máis unha vez. As veciñas e os veciños tiveron festa toda a xornada e o Meco despediu o Entroido até a seguinte edición, que será a número 25 na intra-Historia da Festa da Pita.

A %d blogueros les gusta esto: