A continuación unha escolma de fotos tomadas nos distintos días da festa deste ano 2008:
DOMINGO FARELEIRO: O 20 de xaneiro arrincaba o Entroido máis temperán das 10 edicións que leva a festa. O bon tempo acompañou e permitiu que fosen varias/os as/os veciñas/os que se achegaran até a Praza d’As Eiroás ao longo da tarde, nomeadamente as/os máis cativas/os.
DOMINGO OLEIRO: O domingo 27 seguimos gozando de bon tempo meteorolóxico, o que tamén propiciou unha boa participación na xornada festiva. Meio cento de olas (e máis dun cento de globos), escacharon na praza nesta tarde.
MARTES DE ENTROIDO: O 5 de febreiro chegaba o día grande da festa. E facíao precedido de dúas xornadas de fortes choivas e frío. A xornada estivo alternada por choivas e bon tempo. Porén, a temperatura foi agradábel e a participación, unha das máis importantes de todas as edicións.
Xa de tarde, comezaba o baile de disfraces, no que participou un grande número de persoas
e foi chegando a hora de despedir ao Entroido do 2008
Deixar unha resposta