Neste apartado, colgaremos os carteis producidos para a festa ao longo dos anos. Tanto os deseñados para cada edición como aqueles realizados para a promoción da mesma. O primeiro exemplo é un cartel interpretativo, coas partes da máscara da Pita. A continuación, as imaxes de cada edición da festa, deseñados por artistas ourensáns de xeito totalmente desinteresado. Grazas a elas e a eles, agora comezamos a ter na retina imaxes variopintas da festa e da nosa máscara.
Heitor, Félix, Pepe, Paco, Manolo, Rober, Che, Jacobo, Miguel, Iván, Idoia, novamente Che, Mónica, Pablo, María, José Manuel, outra vez Rober e Cosme: grazas por todo!
Neste ano 2023, Cosme achegounos esta colorida visión da carauta
No ano 2022, o Rober voltou colaborar con nós, disfrazando o cartel deste ano
No ano 2021, a pandemia obrigounos a reinventarnos. Aínda así, houbo convocatoria da festa e a imaxe voltou a ser un pouco caseira, do Lois Pardo.
Na edición do 2020, unha acuarela de José Manuel Sánchez foi a base do cartel.
Na edición do 2019, contamos con un cartel un tanto caseiro, obra de Lois Pardo
Na edición de 2018, foi María Piensos quen asinou a imaxe da festa
O ano pasado, Pablo Otero sorprendeunos con este cartaz
No ano 2016, foi Mónica Blanco Reigada quen nos aportou a súa visión da festa
Na edición do 2015, Xosé Lois Vázquez “Che” volve a aportarnos a imaxe da festa e da máscara
Na pasada edición, do 2014, Idoia de Luxán Vázquez aportou a súa particular visión sobre a máscara
Na edición do 2013, Iván Bendaña foi quen lle puxo a imaxe á nosa festa
A imaxe da festa da Pita do ano 2012 foi realizada por Miguel Suárez
O cartel do ano 2011, foi deseñado por Jacobo L. Nespereira
No ano 2010, Xosé Lois Vázquez “Che” ilustrou a festa con esta imaxe
O cartel do ano 2009 foi deseñado por Rober, e chamou bastante a atención
Manuel Penín viu así a Pita no cartaz do ano 2008
Paco Boluda aportaba a súa visión da festa no ano 2007
Pepe Xoga asinaba a imaxe da ano 2006
No ano 2005, era Félix Caramés quen aportaba a imaxe da festa:
O primeiro ano que a imaxe da festa era deseñada por un artista local foi o 2004. Daquela, a visión da máscara, aínda en cueiros, foi deseñada polo Heitor Real.
[…] Aquí poden verse todos os carteis desde que comezaron a contar con estas colaboracións: https://festadapita.wordpress.com/recursos/carteis/ […]