Aquí deixámosvos unha serie de manualidades para que poidades descargar e imprimir -mellor en cartolina- para colorar e recortar.
A primeira ficha consiste nunha mariquiña, para recortar e vestir a túa propia Pita. Tamén ofrecemos a opción de darlle cor a cada unha das partes.
A continuación, unhas fichas para colorar. Escolle unha das tres ou, se te animas, dalles cor a todas.
As seguintes fichas conforman unha carauta á que teredes que poñerlle unha goma elástica.
E por último -polo de agora- un conxunto de 3 fichas para as persoas con máis ousadía. O produto final é unha reproducción en pequeno da nosa carauta.
Deixar unha resposta