A troba do bugallo

Hai 3 anos, a Voda da Pita fechaba con umha canción que aínda segue na memoria de moitas persoas que cantaron e bailaron aquel son tan pegadizo. Era o “Nabo, nabiza, grelo”, que neste 2017 forma parte do primeiro disco editado polos amigos da Troba do Bugallo. Coa súa colaboración, queremos compartir con vós este seu primeiro traballo discográfico. Só tedes que respostar a umha pregunta:

Como se chama a vaca que non quere ser Chenoa?

Podedes facelo no facebook ou no twitter, co hashtag #ConcursoFestaDaPita2018. Entre as persoas que atinedes, sortearase un exemplar deste disco, que poderedes recoller no campo da festa o Martes de Entroido e recibir así o aplauso e agarimo das veciñas e veciños das Eiroás ou recibilo por correo (o de toda a vida) na vosa casa. O prazo para a resposta remata o 28 de xaneiro de 2018.

Lembrar un anaco daquela intervención final na Voda do 2015

 

 

Advertisements