Oliñas veñen e van

oleiro2015-13Un ano máis, as olas escacharon na praza das Eiroás. Unha tarde de domingo fría pero soleada permitiu que a veciñanza puidera achegarse á praza para participar desta xornada lúdica; iso si, máis como espectadores que como participantes do xogo.

Gozamos pois dun bon ambiente, desenfado e as primeiras mascaradas que se puideron ver no barrio.

Este ano, as olas estaban decoradas por escolares do CPR Divino Maestro e por nenas e nenos do barrio, que se achegaron até o local social na tarde do sábado.

Como de costume, foron as primeiras Pitas do ano as que trouxeron o carro das olas até a praza. E fixérono lucindo a fita pola liberdade de expresión que representa ao ano 2015, ademáis de seren as encargadas de abrir o tradicional xogo das olas.

Despois, olas grandes, olas pequenas e globos de auga voaron e escacharon no chan, mentres soaba a Charanga Os Chispas, que lle aportou a sonoridade e a musicalidade a esta fermosa tarde. Eis algunhas imaxes das xornadas do sábado e do domingo: Seguir lendo

Advertisements

Domingo Oleiro 2013

Oleiro2013-03Pasado domingo 3 de febreiro, As Eiroás vivía o seu Domingo Oleiro, a única xornada soleada na festa deste ano. Coincidía a data coa festa das Candelas na veciña e querida parroquia de Cudeiro.

Un pouco despois das 5 da tarde, as Pitas acompañaban o carro das Olas até a praza, convertida un ano máis no escenario do xogo das Olas. Este xogo, parte do patrimonio lúdico galego, consiste nunha roda de persoas que se atiran unha ola de barro polo ar tentando evitar que non escache ao caír no chan.

Eis algumhas imaxes da xornada:

Seguir lendo

Programa do 2013

festadapita2013Como comentabamos no post anterior, vindeiro domingo o farelo será o protagonista do comezo do Entroido no barrio d’As Eiroás. Fican muitos días de troula até que o Meco probe o lume na noite do Martes de Entroido e, aínda que ven sendo o programa habitual doutros anos, aquí vos deixamos as previsións do presente 2013.

E nesta ocasión aproveitamos para presentar a imaxe deste ano; realizada polo deseñador Iván Bendaña, veciño do barrio e amigo da festa. Iván escolleu 2 elementos patrimoniais do barrio para ilustrar o cartaz: o Pazo d’As Eiroás (principal testemuña das actividades da festa) e a Pita (máscara da festa), empregando na composición as cores da máscara.

Seguir lendo

Así foi o Día grande

E rematou unha nova edición da Festa da Pita. E van 13. Mesmo sentimos algo de vértixe ao pensar na primeira ou nas primeiras edicións, no ano 1999 e nas numerosas anécdotas, traballos, loitas, noites no local social, conversas cos veciños e coas veciñas que participaran no entroido (daquela Carnaval) de mediados do século pasado…

O caso é que o Martes de Entroido do 2011 chegou traendo a primavera por adiantado. A xornada comezaba pola mañá con un percorrido polo barrio de Pitas e músicos anunciando a chegada do día grande. Ás 13 h. tivo lugar, un ano máis,  a Voda da Pita, coa participación de veciñas e veciños, á que seguiu o convite habitual, onde as distintas familias e grupos asistentes compartillaron un momento gastronómico e festivo.

Xa de tarde, houbo espazo para os disfrazes e o baile, até a despedida do Entroido coa queima do Meco, que tivo lugar nesta ocasión xa ben entrada a noite.

Achegamos a continuación algunhas fotos da xornada

Seguir lendo