Unha ducia de Pitas

cartaz_expoNos últimos 12 anos, a Festa da Pita contou coa colaboración de diversos artistas e deseñadores ourensáns, que aportaron a súa visión particular da festa e da máscara no cartel que promocionaba cada ano o Entroido deste barrio ourensán. Estes traballos conforman hoxe un abano heteroxéneo da iconografía do noso Entroido e unha mostra de interese artístico. Os carteis e os nomes dos autores (a quenes seguimos enormemente agradecidos) podedes velos neste apartado do web .

A mostra lévase adiante froito dun convenio de colaboración asinado entre o Centro Deportivo Serviocio Ourense e a Asociación das/os Amigas/os da Pita, e inclúe un programa de actividades que achegan o Entroido d’As Eiroás aos usuarios deste centro. Seguir lendo

Advertisements

Imaxe da Festa da Pita 2014

festadapita2014

Ao longo destes 16 anos, a festa foi adquirindo novos elementos que lle foron dando forma e contidos. Unha das particularidades é o cartel, do que cada ano se encarga un artista/deseñador da nosa cidade ou provincia. Procuramos con isto unha visión gráfica da festa por parte dos creativos do noso entorno, que se erixen así como colaboradores da nosa celebración aportando un abano heterodoxo de imaxes de calidade, que conforman o que puder ser unha serie de “carteis de colección”. Con este van 11 anos desde que comezamos a gozar destas colaboracións, podes ver aquí todos os carteis das edicións anteriores.

Para 2014, Idoia de Luxán decidiu disfrazar de Pita a unha pita, cuxos ollos se poden ver por baixo da carauta, empregando tamén -á parte das cores habituais do noso Entroido- texturas de papel-maché que lembran ás artesanías e traballos manuais que conleva a confección da máscara da Pita.

Grazas, Idoia, polo teu traballo.

//

//