A fin de semana do 2023

Ao longo da fin de semana participamos en distintos actos, dentro e fóra do barrio. O venres ás 12 do mediodía, as Pitas formaban parte do Desfile do CEIP Virxe de Covadonga. Un pouco máis tarde, cara as 20 h., percorrían a cidade vella de Ourense xunto ao Entroido de Seixalbo, ao Frei Canedo e a varias máscaras da provincia.

E o domingo, abríamos un ano máis o Desfile de Ourense. A continuación, un pequeno video do desfile escolar e algunhas imaxes dos outros momentos.

Seguir lendo

Preparando as olas

eiroas5Xa ven o Domingo Oleiro e temos que ir pensando en preparar as olas, como facemos habitualmente. Este ano tivemos un apoio moi importante: as/os escolares do CEIP Virxe de Covadonga deseñaron e pintaron a maior parte das olas que han escachar o vindeiro domingo na praza.

Esta mesma mañá, membros da Comisión de festas visitaron as 2 unidades deste centro de ensino par recoller as olas que xa tiñan decoradas. Participou tamén do acto de entrega a Concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido.

Nas fotos podemos ver distintos momentos da entrega, así como algúns dos fermosos deseños escollidos polas nenas e nenos do centro. Seguir lendo