Desfile do Entroido

Pasado domingo 6 tiña lugar o desfile do Entroido do concello de Ourense. Un ano máis -e xa van 10- as Pitas participaron na marcha, abrindo o desfile e fóra de concurso.

Aínda que o día estivo case de primavera, con sol e boas temperaturas, unha pequena treboada ameazou no comezo do desfile, que saía ás 6 da tarde do entorno da comisaría. Esta circunstancia, que facía bon o refrán de “se non chove o Domingo Corredoiro, chove o Domingo de Entroido” foi só unha anécdota temporal, que non interrumpiu a saída ás rúas de milleiros de ourensáns. Seguir lendo