
Hoxe domingo poderemos ver as primeiras Pitas nas Eiroás. Estas máscaras máis madrugadoras serán as encargadas de achegar o carro das olas á praza, onde terá lugar o xogo que centra a actividade da xornada de hoxe no barrio. Este ano contaremos con olas decoradas por escolares das novas Escolas amigas da Pita: CEIP Manuel Luis Acuña e CEIP O Couto, ademáis das mozas e mozos das Eiroás. Nos vindeiros días, iremos subindo ao apartado das escolas amigas un resumo de imaxes das visitas a estes centros.
Será apartir das 5 da tarde cando o carro das olas entre na praza, acompañado das Pitas e da Charanga Os Chispas, que amenizará o xogo de pequenos e maiores ao longo da tarde.
COR DA FITA
A cor escollida neste 2017 para pendurar do broche das fitas é o MARRÓN, co que queremos chamar a atención sobre a importancia das migracións humanas e do diálogo intercultural para a evolución e a mellora da especie. Marrón porque nos acerca aos ciclos vitais, á terra, á natureza… lémbranos cuais son as nosas raíces, as nosas orixes e fainos recapacitar cobre as pouquísimas cousas que en realidade son imprescindibles e necesarias. Seguir lendo →
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,eiroas,eiroás,entroido,festa da pita,festadapita,oleiro,ourense | Leave a comment »