A chegada dun frente cálido polo sul trouxo consigo un lixeiro ascenso das temperaturas, o que provocou unha xornada vespertina ben agradable nas Eiroás. Aínda por determinar se o que caiu no barrio ourensán era farelo ou partículas de area en suspensión procedentes do norte de África, o caso é que así decorreu o Domingo Fareleiro nas Eiroás. A xornada comezaba xa de mañá coa chegada do Meco e a habitual recepción por parte das autoridades do barrio. Acompañaban ao encargado de presidir a praza os seus asesores de imaxe e un nutrido grupo de veciñas e veciños que non quixeron perderse evento de tanto glamour. Foi un espectáculo ver con que gracianatural trepaba pola farola para encaramarse ao máis alto da praza e ocupar o lugar de honra que ben merece tan alta distinción. Seguir lendo
Filed under: Uncategorized | Tagged: antroido,eiroas,entroido,fareleiro,farelo,festa da pita,festadapita,meco | Leave a comment »