A Festa da Pita fai 25 anos. E xa temos o cartel para esta edición “de prata”. Nesta ocasión, chega asinado polo ilustrador e profesor de deseño gráfico da EASD Antón Faílde, Cosme, quen nos propón un deseño sobre a parte superior da carauta da Pita realizado nas 3 cores que enchen cada parte da nosa máscara. Irrumpe así a Pita no espazo festivo representado polas cores curvilíneas espallando ledicia en forma de pequenas plumas de cores.
Moitas grazas, Cosme, pola túa colaboración. Aquí podedes ver os seus traballos.
E se queredes, podedes ver os carteis doutras edicións, mentres non subimos o programa da festa deste ano, que dará comezo o vindeiro domingo, día 5.
Filed under: entroido,festa da pita | Tagged: carnaval,cosme,cosmestudio,eiroas,entroido,festa da pita 2023,ourense | Leave a comment »