Así foi o Domingo Oleiro

oleiro2017_26Xa ten chovido algo desde aquela primeira edición na que un pequeno grupo de veciñas e veciños do barrio, acompañados polos amigos da xa tristemente desaparecida Agrupación Folclórica Foula, xogaban até escachar as 6 olas de barro e algunha que outra cunca do mesmo material.
Onte, 18 anos despois daquel 7 de febreiro do 1999, eran 60 as olas chegadas do Alto do Couso que protagonizaron unha xornada soleada e moi agradábel na praza das Eiroás.

Acompañáronnos algúns mozos e mozas das novas Escolas amigas da Pita e a Charanga Os Chispas, que amenizou musicalmente a tarde. Gozamos pois dun bon ambiente, dun clima desenfadado e das primeiras mascaradas que se puideron ver polo barrio.
Seguir lendo

Advertisements

Domingo Oleiro

olas-2017

Hoxe domingo poderemos ver as primeiras Pitas nas Eiroás. Estas máscaras máis madrugadoras serán as encargadas de achegar o carro das olas á praza, onde terá lugar o xogo que centra a actividade da xornada de hoxe no barrio. Este ano contaremos con olas decoradas por escolares das novas Escolas amigas da Pita: CEIP Manuel Luis Acuña e CEIP O Couto, ademáis das mozas e mozos das Eiroás. Nos vindeiros días, iremos subindo ao apartado das escolas amigas un resumo de imaxes das visitas a estes centros.

Será apartir das 5 da tarde cando o carro das olas entre na praza, acompañado das Pitas e da Charanga Os Chispas, que amenizará o xogo de pequenos e maiores ao longo da tarde.

COR DA FITA

A cor escollida neste 2017 para pendurar do broche das fitas é o MARRÓN, co que queremos chamar a atención sobre a importancia das migracións humanas e do diálogo intercultural para a evolución e a mellora da especie. Marrón porque nos acerca aos ciclos vitais, á terra, á natureza… lémbranos cuais son as nosas raíces, as nosas orixes e fainos recapacitar cobre as pouquísimas cousas que en realidade son imprescindibles e necesarias. Seguir lendo

Farelo frío

2017-02-12-domingo-fareleiro_55A xornada de onte veu disfrazada de frío e choiva, circunstancia esta que non impediu que arrincaramos con unha nova edición do Entroido nas Eiroás. Cómpre moito que chova e, aínda que nos cause algún atranco, imos dalo por ben feito. Seguir lendo

Programa 2017

imgp4110

Arrincamos. Vindeiro domingo día 12 bota a andar unha nova edición da Festa da Pita (a 19ª). Xa as autoridades do barrio deron as benzóns e as licencias oportunas e contan que este ano o Meco chegará da man do asesoramento da familia Perez-González. Pero iso será o domingo, pouco antes do xantar, cando deamos saída á celebración do Entroido en todo o término municipal do concello de Ourense. Para alén da participación no desfile da cidade de Ourense, ou das actividades programadas en diversos centros de ensino, o programa deste ano nas Eiroás segue a tónica das edicións anteriores, consistindo no seguinte:

Seguir lendo

Cartaz do ano 2017

cartaz-2017

Como cada ano, a imaxe da nosa festa é produto da creación dun artista ourensán. É así como, ano tras ano, vaise incrementando a perspectiva gráfica de pintores, deseñadores, ilustradores… que nos agasallan coa súa visión da Pita e da Festa. Neste 2017, a persoa que amablemente colaborou con nós (nunha sorte de carreira contra-reloxo), realizando a imaxe da nosa festa para este ano foi Pablo Otero, quen escolleu a parte superior da carauta e as cores básicas da máscara nun fondo branco e con unha lembranza ao principal elemento patrimonial do barrio, o Pazo.

Podedes ver aquí todos os carteis das edicións anteriores.

Moitas grazas, Pablo, pola túa desinteresada colaboración.

Unha ducia de Pitas

cartaz_expoNos últimos 12 anos, a Festa da Pita contou coa colaboración de diversos artistas e deseñadores ourensáns, que aportaron a súa visión particular da festa e da máscara no cartel que promocionaba cada ano o Entroido deste barrio ourensán. Estes traballos conforman hoxe un abano heteroxéneo da iconografía do noso Entroido e unha mostra de interese artístico. Os carteis e os nomes dos autores (a quenes seguimos enormemente agradecidos) podedes velos neste apartado do web .

A mostra lévase adiante froito dun convenio de colaboración asinado entre o Centro Deportivo Serviocio Ourense e a Asociación das/os Amigas/os da Pita, e inclúe un programa de actividades que achegan o Entroido d’As Eiroás aos usuarios deste centro. Seguir lendo

Oliñas veñen e van

oleiro2015-13Un ano máis, as olas escacharon na praza das Eiroás. Unha tarde de domingo fría pero soleada permitiu que a veciñanza puidera achegarse á praza para participar desta xornada lúdica; iso si, máis como espectadores que como participantes do xogo.

Gozamos pois dun bon ambiente, desenfado e as primeiras mascaradas que se puideron ver no barrio.

Este ano, as olas estaban decoradas por escolares do CPR Divino Maestro e por nenas e nenos do barrio, que se achegaron até o local social na tarde do sábado.

Como de costume, foron as primeiras Pitas do ano as que trouxeron o carro das olas até a praza. E fixérono lucindo a fita pola liberdade de expresión que representa ao ano 2015, ademáis de seren as encargadas de abrir o tradicional xogo das olas.

Despois, olas grandes, olas pequenas e globos de auga voaron e escacharon no chan, mentres soaba a Charanga Os Chispas, que lle aportou a sonoridade e a musicalidade a esta fermosa tarde. Eis algunhas imaxes das xornadas do sábado e do domingo: Seguir lendo