Entre lusco e fusco…

O sábado de Entroido (este ano, o 9 de febreiro) xa ten unha cita no barrio d’As Eiroás. Nos últimos anos vense repetindo a saída dun pequeno grupo de máscaras que percorren as casas dos veciños para lles anunciar a chegada dos días gordos. No presente ano, o Folión saíu un chisco tarde, mais completou o percorrido “como é mandado”. Eis algunhas fotos da noite:

// Seguir lendo

Advertisements

Sábado de Entroido

Onte sábado tiña lugar a despedida da solteiría dos nosos noivos máis queridos. E houbo que ir de troula polo barrio para que reflexionaran e o pensaran ben antes de tan importante decisión. Tamén foron franqueadas as portas dalgunhas casas, atendendo á hospitalidade das poucas veciñas que non estaban durmidas e anunciándolles a voda que vai ter lugar o Martes de Entroido ás 13 h. na Praza d’As Eiroás.

A continuación algunhas fotos da noite… as que aínda se poden ver Seguir lendo