A Pita en manualidades

Por fin podemos facer o noso recortáble da máscara da Pita. Fíxose esperar, aínda que finalmente o resultado foi bon. Son en total 5 manualidades dirixidas a distintas idades: tres fichas para colorear, a parte dianteira dunha carauta (para colorear, recortar e montar) e outra un chisco máis complicada para crear unha carauta completa de cartolina.

As fichas están deseñadas por Ana I. López e xa puideron verse os resultados nalgúns centros de ensino e lúdicos da cidade.

Se pertencedes a algún centro de ensino, asociación, centro lúdico… e queredes conseguir estas fichas, só tedes que pedilas por correo-e ao seguinte enderezo: festa.da.pita@gmail.com