Martes de Entroido 2015

martes_entroido_2015Mantívose despexada toda a xornada do Martes de Entroido nas Eiroás. Despexada e cun certo airiño fresco que nos vai axudar a manter a pel tersa e suave como adoitamos por estes lares.

Un ano máis, comezaba o Martes xa de mañá cun percorrido de músicas e máscaras polo barrio anunciando a chegada do día grande e convocando á veciñanza na Praza das Eiroás onde, puntualmente á 1 da tarde, tiña lugar a Voda da Pita, que non quixeron perderse diversos convidados especiais, tais como Pablo Iglesias, o pequeno Nicolás ou o presidente da Asociación de Políticos Corruptos.

Despois veu o xantar popular, o Pita Chef (unha pequena mostra do que pode ser un concurso que se repita en posteriores edicións) e, xa pola tarde, o baile de máscaras e concurso de disfraces, que se foi animando máis e máis conforme ía avanzando o día até rematar despedindo o Entroido do xeito que vimos facendo nas Eiroás desde hai 17 anos, é dicer, queimando o Meco que, este ano contou co asesoramento de imaxe das familias Sánchez-Morenza e Portela-Álvarez. Eis unha extensa reportaxe gráfica da xornada:

Seguir lendo

Martes de Entroido

IMGP6381Nin a choiva nin as ordes ministeriais puideron coa festa. O Martes de Entroido poñía -un ano máis- punto e á parte á Festa da Pita. Un día que comezaba pola mañá cun percorrido de músicas e máscaras polo barrio anunciando a chegada do día grande e convocando á veciñanza na Praza das Eiroás onde, un pouco máis tarde do habitual, tiña lugar a Voda da Pita, cargada este ano de convidados especiais e mesmo dalgunha sorpresa. A Infanta Cristina ou o intérprete de lingua de signos nos funerais de Mandela facíanse sitio nunha representación que -despois de todo o falado nas última semanas sobre a Orde Ministerial que regulaba o uso do uniforme de garda-civil- contou con dous axentes a falta de un. Chegaba así até As Eiroás un axente da Benemérita para reclamar o cumprimento da nova Orde e multar á personaxe que tradicionalmente ten o seu papel na representación, requisándolle o traxe e provocando que seguira a obra en panos menores. Estade atentas/os, porque nas vindeiras semanas, subiremos a representación completa para quen non puido asistir ou lle colleu medo á auga.

Despois veu o xantar e, xa pola tarde, o baile de máscaras e concurso de disfraces, que se foi animando máis e máis conforme ía avanzando o día até rematar despedindo o Entroido do xeito que vimos facendo nas Eiroás desde hai 16 anos, é dicer, queimando o Meco (Meca, este ano). Eis as imaxes dalgúns momentos da xornada: Seguir lendo

A tenda de Dona Gumersinda

Á tenda de Dona Gumersinda – Outlet xa comezaron a chegar os pedidos. Materiais variados sobre a Pita que, ademáis de apoiar a sufragar os custes de organización da festa, permítenlle ás/aos asistentes levar unha lembranza da nosa festa e da nosa personaxe máis querida.

A continuación amosamos algunhas das cousas que podedes atopar na nosa “tenda”:

Seguir lendo