Así foi o Día grande

E rematou unha nova edición da Festa da Pita. E van 13. Mesmo sentimos algo de vértixe ao pensar na primeira ou nas primeiras edicións, no ano 1999 e nas numerosas anécdotas, traballos, loitas, noites no local social, conversas cos veciños e coas veciñas que participaran no entroido (daquela Carnaval) de mediados do século pasado…

O caso é que o Martes de Entroido do 2011 chegou traendo a primavera por adiantado. A xornada comezaba pola mañá con un percorrido polo barrio de Pitas e músicos anunciando a chegada do día grande. Ás 13 h. tivo lugar, un ano máis,  a Voda da Pita, coa participación de veciñas e veciños, á que seguiu o convite habitual, onde as distintas familias e grupos asistentes compartillaron un momento gastronómico e festivo.

Xa de tarde, houbo espazo para os disfrazes e o baile, até a despedida do Entroido coa queima do Meco, que tivo lugar nesta ocasión xa ben entrada a noite.

Achegamos a continuación algunhas fotos da xornada

Seguir lendo

Visita ao CHOU

Este sábado 19, as Pitas visitaron a Unidade Infantil do CHOU. Era a primeira vez que decidiamos facer algo polo estilo e a experiencia foi positiva. Ademáis de visitar e tentar animar ás nenas e aos nenos que estaban alí ingresadas/os, as Pitas anunciaron a chegada do Entroido á nosa cidade, concretamente ao barrio d’As Eiroás, ademáis de achegar material informativo da nosa Festa e algún agasallo coa colaboración desinteresada da empresa xogueteira Juguettos. Seguir lendo