Domingo Oleiro 2019

Tarde de sol e olas a do pasado domingo nas Eiroás, que nos fai pensar -iso si- nun Entroido un chisco mollado, se atendemos ao refraneiro galego.

Eran ao redor das 5 da tarde cando as Pitas e os músicos facían a entrada na praza das Eiroás levando o carro coas olas pintadas o día anterior polas nenas e polos nenos das Eiroás amais dun obradoiro realizado na Ludoteca da Ponte algúns días antes.

Mentres as persoas máis xoves xogaban con globos e mesmo con cuncas de barro, as máis maiores ían dando conta das olas que voaban polo ceo das Eiroás procurando unha man amiga que as apañara antes de escachar. Velaquí algunhas imaxes da tarde.

O pintado e decoración das olas sempre é unha actividade agradable para nenas, nenos e maiores

Xa de tarde, tocou escachalas na praza. E xogar con globos, e bailar…

Advertisements

Domingo Oleiro

Este pasado domingo, un ano máis, chegaban as olas á praza das Eiroás da man das Pitas. Estas -ademais- eran as encargadas de xogar a primeira ola e ir introducindo o xogo entre as persoas asistentes.
Nesta ocasión, non temos moitas imaxes da xornada. De todos xeitos, queremos compartir con vós estas poucas.

Seguir lendo

Decorando as olas

IMG_0342Chega o Domingo Oleiro e -como ven sendo costume- abrimos un espazo para a decoración das olas por parte dos veciños máis mozos. Neste ano contamos coa axuda dos escolares do CPR Divino Maestro, que deseñaron e pintaron unha parte das olas que se van escachar mañá domingo na praza das Eiroás.

O pasado xoves, unha representación da nosa asociación visitou este centro, en compañía da concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido para recoller estas olas e posteriormente -o venres- para realizar unha presentación da nosa festa. Seguir lendo

E as olas viñeron e fóronse

IMGP6087Alá foi o Domingo Oleiro. A choiva voltou a dar unha tregua para que poideramos vivir o Entroido dun xeito un chisco máis desenfadado e verdadeiramente que tivemos unha tarde moi agradábel n’As Eiroás. Con bon ambiente, desenfado e os primeiros disfraces que se achegaron até a praza a xogar coas olas que pintaron as nenas e nenos do barrio e arredores.

Ás olas pintadas no CEIP Virxe de Covadonga, engadíronse as decoradas na tarde de onte sábado no local social. Seguir lendo

Preparando as olas

eiroas5Xa ven o Domingo Oleiro e temos que ir pensando en preparar as olas, como facemos habitualmente. Este ano tivemos un apoio mui importante, os escolares do CEIP Virxe de Covadonga deseñaron e pintaron a maior parte das olas que se han escachar o domingo na praza.

Esta mesma mañá, membros da Comisión de festas visitaron as 2 unidades deste centro de ensino par recoller as olas que xa tiñan decoradas. Participou tamén do acto de entrega a Concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido.

Nas fotos podemos ver distintos momentos da entrega, así como algúns dos fermosos deseños escollidos polas nenas e nenos do centro. Seguir lendo

Chega o Domingo Oleiro

A festa continúa, e así chegamos ao Domingo Oleiro (Oleiro en Ourense, noutro lugares máis coñecido como Corredoiro).

Nesta xornada saen as Pitas por primeira vez, que lucirán no seu ombreiro unha nova fita -a MARELA- que identifica ás máscaras que van correr esta edición do 2012, unha fita que, ademáis, levará as inicias “G“, “A” e “R” correspondentes aos nacementos de Gabriel, Aldara e Roi, respectivamente, a quen damos a benvida ao mundo e á súa festa. a Ás 5 da tarde, coa animación da Charanga Os Chispas, as Pitas farán a súa entrada co carro das olas na Praza d’As Eiroás. Máis de medio cento de olas cocidas en Niñodaguia e preparadas para escachar nas mans de quen non acade apañalas no ar. Seguir lendo