Pregón do Entroido

Pasado venres arrincaba “oficialmente” o Entroido na cidade de Ourense. E é que, aínda que nalgúns lugares xa levemos un par de semanas trouleando, os días grandes -do Entroido propiamente dito- comezan agora.

No pregón do Entroido participaron as Pitas, xunto aos outros entroidos da cidade (Seixalbo e A Ponte, ademáis do puramente urbán e dunha representación de Trives). Posteriormente, a carpa situada na Alameda estivo chea para celebrar a primeira cea do Entroido. Eis algunhas imaxes do día:

Seguir lendo

Programa do Entroido en Ourense

Xa entramos na recta final do Entroido, e na nosa cidade -ademáis da Festa da Pita– tamén temos outros puntos de interese e outras actividades que se desenvolven dentro da festa. Aquí podedes consultar o programa do Entroido 2011 en Ourense.

Seguir lendo

Entroido de Ourense 2008

cartaz_OurenseEis o programa do Entroido organizado polo concello de Ourense:

24 de xaneiro.- Xoves de compadres

17:30 OBRADOIROS DE COMPADRES na rúa dos Artesáns (rúa Colón), para que todas/os as/os nenas/os poidan confecionar os bonecos cos que se fará a tradicional carreira.
Colabora: Asociación de Artesáns
Lugar: Praza da Imprenta

31 de xaneiro.- xoves de comadres
17:30 OBRADOIROS DE COMADRES na rúa dos Artesáns (rúa Colón). Esta vez toca-lle ás comadres; a continuación a tradicional carreira.
Colabora: Asociación de Artesáns
Lugar: Praza da Imprenta Seguir lendo

Os outros Entroidos da cidade

cartaz_freicanedoNos lindes do concello de Ourense tambén se celebran outros dous Entroidos (ademáis da nosa Festa da Pita e do organizado polo concello). Un deles ven de mui antigo, e ten como símbolo a parella de mecos que penduran na praza, símbolo de fertilidade por excelencia. Outro, o Entroido de Frei Canedo da Ponte -ao igual que nós- leva unha andaina aínda mui corta, mália xa aventuramos desde aquí que vai ser unha das festas importantes da cidade.

Saúdos desde As Eiroás para os amigos (e as amigas) destes dous barrios veciños: Seguir lendo