Os migrantes na fita do 2019

A cor escollida para engadir á perfura daquelas Pitas que corran o Entroido deste ano 2019 é o AZUL “europea”. Con esta cor queremos reflexionar sobre as migracións masivas de persoas que chegan das rexións máis empobrecidas e con maior número de conflitos bélicos do planeta, provocados pola usurpación que facemos dos seus recursos e polos golpes de Estado promovidos polos “países ricos”, e que están convertindo o Mediterráneo na grande foxa común da vergoña.

Estamos deixando morrer ás nais, aos pais, irmás e irmáns de quenes van conformar a cidadanía da futura Unión Europea.

Se non queremos que as nosas fillas e os nosos fillos teñan que avergoñarse e renegar de nós dentro de 2 ou 3 décadas, por ter deixado morrer a milleiros de nenas e nenos na porta das nosas casas, imos ter que ir poñéndonos as pilas e reorganizar a orde de prioridades na xestión do público, situando o dereito á vida por enriba da protección ao sistema financeiro.

Podes consultar aquí as cores de todos os anos.

Advertisements

#JeSuis…

broche3Do ombreiro do traxe da Pita sae un broche (ou perfura) de coiro que nos indica a antigüidade de cada máscara. No propio broche pode verse o logotipo da asociación e a data na que saiu por primeira vez a máscara completa (2002). Da perfura colgan unhas fitas grosas de cores, cada unha representando o ano en que correu o entroido esa máscara.

A cor de cada fita elíxese en base aos feitos acaecidos no ano anterior, e neste senso, unha fita especial pendurará do broche neste 2015, pois será o primeiro ano no que as fitas de cada Pita poderán ser distintas. Ao longo do último ano, nomeadamente na parte final -consecuencia dos atentados de París contra da revista Charlie Hebdo– vimos observando a fraxilidade da liberdade de expresión. A deshumanización duns asesinos ou as medidas adoitadas en consecuencia que, muitas das veces, coartan os nosos dereitos fundamentais, fan que nos prantexemos distintas cuestións que queriamos reivindicar e ter presentes na fita deste ano 2015: até onde podemos satirizar, de que nos podemos rir, sobre que podemos opinar, que páxinas web ou medios podemos visitar, de que ideoloxías ou crenzas deben ser o noso circo de amizades… Seguir lendo