Festa da Pita 2011

Un ano máis xa está aquí o Entroido. E demorou un chisco máis do habitual, xa que neste 2011 a lúa da primavera faise esperar, polo que a nosa festa máis querida chega nos días máis altos posibles; o que, por outra parte, apunta a unhas datas moi animadas.

Ao igual que nas edicións anteriores, pedímoslle a un artista destas terras que nos fixese a imaxe da festa. Jacobo L. Nespereira foi o encargado de aportar o seu particular ponto de vista sobre a festa e a máscara. Froito do seu traballo é este cartaz tan chulo.

O programa deste ano é o seguinte:

Seguir lendo

O programa segue

Alá foi a primeira xornada da festa, na que a fariña foi a protagonista e na que o Meco foi colocado nun lugar preferencial dentro da praza; Meco que por certo, aguantou ben o temporal de vento da pasada semana, a non ser polo “aparato de mexar” que asustado e sorprendido polas frías temperaturas e os fortes vendavais decidiu emigrar a outros paraxes máis tranquilos.

Así as cousas, pasado o primeiro domingo chega o noso Domingo Oleiro (este ano o día 15), onde o xogo das olas vai ter especial protagonismo. As Pitas serán as encargadas -como de costume- de levar as olas até a praza e a música nesta ocasión correrá por conta da Charanga Os Cuchufellos, de Manzaneda.

Xa nos pasados días foron decoradas e pintadas as olas que van escachar ao longo da xornada, aínda que nesta ocasión notouse unha merma na afluencia nomeadamente das/os máis pequenas/os para tan artística labor.

Seguir lendo