Domingo Oleiro

Este pasado domingo, un ano máis, chegaban as olas á praza das Eiroás da man das Pitas. Estas -ademais- eran as encargadas de xogar a primeira ola e ir introducindo o xogo entre as persoas asistentes.
Nesta ocasión, non temos moitas imaxes da xornada. De todos xeitos, queremos compartir con vós estas poucas.

Seguir lendo

Advertisements

Oliñas veñen e van

oleiro2015-13Un ano máis, as olas escacharon na praza das Eiroás. Unha tarde de domingo fría pero soleada permitiu que a veciñanza puidera achegarse á praza para participar desta xornada lúdica; iso si, máis como espectadores que como participantes do xogo.

Gozamos pois dun bon ambiente, desenfado e as primeiras mascaradas que se puideron ver no barrio.

Este ano, as olas estaban decoradas por escolares do CPR Divino Maestro e por nenas e nenos do barrio, que se achegaron até o local social na tarde do sábado.

Como de costume, foron as primeiras Pitas do ano as que trouxeron o carro das olas até a praza. E fixérono lucindo a fita pola liberdade de expresión que representa ao ano 2015, ademáis de seren as encargadas de abrir o tradicional xogo das olas.

Despois, olas grandes, olas pequenas e globos de auga voaron e escacharon no chan, mentres soaba a Charanga Os Chispas, que lle aportou a sonoridade e a musicalidade a esta fermosa tarde. Eis algunhas imaxes das xornadas do sábado e do domingo: Seguir lendo

E as olas viñeron e fóronse

IMGP6087Alá foi o Domingo Oleiro. A choiva voltou a dar unha tregua para que poideramos vivir o Entroido dun xeito un chisco máis desenfadado e verdadeiramente que tivemos unha tarde moi agradábel n’As Eiroás. Con bon ambiente, desenfado e os primeiros disfraces que se achegaron até a praza a xogar coas olas que pintaron as nenas e nenos do barrio e arredores.

Ás olas pintadas no CEIP Virxe de Covadonga, engadíronse as decoradas na tarde de onte sábado no local social. Seguir lendo

Domingo Oleiro 2013

Oleiro2013-03Pasado domingo 3 de febreiro, As Eiroás vivía o seu Domingo Oleiro, a única xornada soleada na festa deste ano. Coincidía a data coa festa das Candelas na veciña e querida parroquia de Cudeiro.

Un pouco despois das 5 da tarde, as Pitas acompañaban o carro das Olas até a praza, convertida un ano máis no escenario do xogo das Olas. Este xogo, parte do patrimonio lúdico galego, consiste nunha roda de persoas que se atiran unha ola de barro polo ar tentando evitar que non escache ao caír no chan.

Eis algumhas imaxes da xornada:

Seguir lendo