O domingo 5 arrincaba o Entroido nas Eiroás e en todo o termo municipal de Ourense. Facíao xa pola mañá, coa chegada do Meco á praza para proceder á posterior recepción por parte das autoridades do barrio Acompañaban ao encargado de presidir a praza nas vindeiras semanas, os seus asesores de imaxe e un nutrido grupo de veciñas e veciños que non quixeron perderse evento de tanto glamour. Foi un espectáculo ver con que gracianatural trepaba pola farola para encaramarse ao máis alto da praza e ocupar o lugar de honra que ben merece tan alta distinción..
Xa de tarde, o sol non quixo perderse este inicio dun Entroido que volta -porfin- sen protocolos nin limitacións. Velaquí algunhas imaxes da xornada.




































Filed under: entroido,festa da pita | Tagged: antroido,eiroas,entroido,fareleiro,festa da pita |
Deixar unha resposta