Programa 2018

3,2,1… e 20. Vinte edicións da Festa da Pita son as que se levan celebrado no barrio ourensán das Eiroás. E aínda que as condicións nos últimos anos semella que empioran por momentos, debido nomeadamente aos atrancos da Administración, o noso barrio segue ocupando un espazo dentro do ciclo do Entroido. Vindeiro domingo arrinca, pois, esta vixésima edición, contando coas benzóns e as licencias oportunas das autoridades do barrio e sabendo que este ano o Meco repetirá asesores de imaxe da man da familia Perez-González. Pero iso será o domingo, pouco antes do xantar, cando deamos saída á celebración do Entroido en todo o término municipal do concello de Ourense. Para alén da participación no desfile da cidade ou das actividades programadas en diversos centros de ensino, o programa deste ano nas Eiroás segue a tónica das edicións anteriores, consistindo no seguinte:

28/01  DOMINGO FARELEIRO
Pola mañá
Recepción do Meco polas autoridades do barrio
Desde as 5 da tarde
Farelo na praza, con música de Charanga SORCHA

04/02  DOMINGO OLEIRO
Ás 5 da tarde, máis ou menos
Chegada das Olas á praza.
Xogo das Olas con música de Charanga ALAMBIQUE

10/02  SÁBADO de ENTROIDO
Entre lusco e fusco.
Folión do Entroido

13/02  MARTES de ENTROIDO
Pola mañá
Pasa-rúas con máscaras
Apertura do Mercadiño de dona Gumersinda

13 h.
Voda da Pita
Xantar dos noivos (Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro)

Pola tarde
Baile de disfraces con Orquestra D’MOMENTO
Concursos e pasarelas de disfraces

Apartir das 9 da noite
Queima do Meco, coa Pirotecnia JOSMAN

 

Outras actividades

Martes, 28 de novembro
15.30 h: Presentación sobre o Entroido e a Festa da Pita no CEIP de Mende

Venres, 26/01
10 h: Presentación sobre o Entroido e a Festa da Pita no CEIP de Prácticas.

Venres, 02/02
12 h. Visita das Pitas ao CEIP de Prácticas. Xogo das olas e entrega de diploma como Escola amiga da PIta neste 2018

Sábado 03/02
17 h.: Obradoiro de pintado e decoración de olas, no Local social das Eiroás

Mércores 07/02
10 h: Presentación da Festa da Pita no CEIP de Seixalbo.

Domingo 11/02
18 h: Desfile do Entroido de Ourense. As Pitas encabezan o desfile, un ano máis

Desde o 31/01 ate o 08/02
Exposición de máscaras no CEIP de Prácticas

Todos os domingos apartir das 16 h. no Colexio das Eiroás
Ensaio para a Voda da Pita

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: