Programa 2017

imgp4110

Arrincamos. Vindeiro domingo día 12 bota a andar unha nova edición da Festa da Pita (a 19ª). Xa as autoridades do barrio deron as benzóns e as licencias oportunas e contan que este ano o Meco chegará da man do asesoramento da familia Perez-González. Pero iso será o domingo, pouco antes do xantar, cando deamos saída á celebración do Entroido en todo o término municipal do concello de Ourense. Para alén da participación no desfile da cidade de Ourense, ou das actividades programadas en diversos centros de ensino, o programa deste ano nas Eiroás segue a tónica das edicións anteriores, consistindo no seguinte:

 

 

12/02  DOMINGO FARELEIRO

Pola mañá

Recepción do Meco polas autoridades do barrio

Desde as 5 da tarde

Farelo na praza, con música de Charanga OS CALIQUEÑOS

 

19/02  DOMINGO OLEIRO

Ás 5 da tarde, máis ou menos

Chegada das Olas á praza.

Xogo das Olas con música de Charanga OS CHISPAS

 

25/02  SÁBADO de ENTROIDO

Entre lusco e fusco.

Folión do Entroido

 

28/02  MARTES de ENTROIDO

Pola mañá

Pasa-rúas con máscaras e músicos

Apertura do Mercadiño de dona Gumersinda

13 h.

Voda da Pita

Xantar dos noivos, con música de Charanga SANTA CECILIA

(Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro)

Pola tarde

Baile de disfraces con Orquestra FIN DE SIGLO

Concursos e pasarelas de disfraces

Apartir das 9 da noite

Queima do Meco

 

Deixar un comentario